Archive for novembro, 2006

nov 20 2006

Enrique Carretero presenta a MAFFESOLI e BAUDRILLARD

Published by roteiros under Revista Roteiros

O doutor en Socioloxía Enrique Carretero achéganos unha interesante perspectiva sobre a modernidade, a través das figuras de Maffesoli e Baudrilllard.
No número 0 da revista Roteiros podemos atopar unha amplia disertación sobre as masas e a modernidade.

No responses yet

nov 15 2006

HOMENAXE A RAMÓN REGUEIRA

Published by roteiros under Revista Roteiros

O número O da revista Roteiros homenaxea ao profesor Ramón Regueira Varela, salientando o seu compromiso con Galiza, coa educación e coa filosofía.
Ramón López Vázquez afonda na figura e na obra exemplar dun home clave na cultura galega.

No responses yet

nov 13 2006

Datos para pedidos

Published by roteiros under Revista Roteiros

Colección: Roteiros/Revista
Nº de páx.: 210
ISBN: 84-934890-3-4
D.L.: C-0833-2006

PVP: 22,00 €
EDITORIAL tresCtres
Urbanización As Mimosas, 70. 15895 Biduído - AMES (A CORUÑA) . Tel. 981 535 960 Fax 981 818 799
 info at tresctres.com

No responses yet

nov 13 2006

A revista Roteiros

Published by roteiros under Revista Roteiros

En colaboración coa «Asociación Cultural de Pensamento Filosófico», tresCtres saca á luz este anuario de pensamento e filosofía que presenta artigos e ensaios sobre diferentes cuestións de actualidade, entrevistas, recensións de libros ou novas culturais. Neste nº 0, de homenaxe ó profesor R. Regueira, colaboran R. López Vázquez, M. Lozano Paz, X. M. Domínguez Prieto, I. Castro Rei, X. L. Barreiro Barreiro, A. González Fernández e E. Carretero Pasín. C. Vidal Laxe entrevista a R. Regueira, mentres que E. Carretero, J. Turnes, M. Rivas e X. Fernández nos explican e debullan cadanseu libro dos ultimamente aparecidos no mercado editorial.

Comments Off

nov 13 2006

Xosé Manuel Domínguez: o personalismo comunitario

Published by roteiros under Sen clasificar, filosofía

¿Cal é o panorama actual do personalismo comunitario? ¿Trátase dunha filosofía que resulta incómoda en sociedades e culturas impersonalistas? ¿E que poden dicirnos autores como P. Ricoeur, E. Mounier ou C. Díaz?
Xosé Manuel Domínguez Prieto afonda no tema en Roteiros.

No responses yet

Next »