Archive for the 'Cuestións filosóficas' Category

xun 14 2008

Ciencia Intercultural

Published by roteiros under Cuestións filosóficas

Como xa dixemos o número actual de Roteiros tratou, de xeito central, a interculturalidade. Este concepto ten tanta importancia que pode ser aplicado á ciencia, falando entón de ciencia intercultural. Esta supón unha alternativa ao positivismo —do mesmo xeito que a corrente CTS—, no sentido dunha ciencia tentativa ou postnormal. Amais, implica a aceptación das influenzas culturais na produción científica e viceversa. Doutra banda, supón un certo enfoque constructivista xa que ten moi presente a perspectiva cultural e imaxinaria da mesma. O enfoque intercultural cuestiona a occidentalización da ciencia procurando chegar a un sistema científico máis global. A nivel curricular implica unha orientación centrada no escenario sociocultural do que está aprendendo. Ideoloxicamente, leva a defensa da equidade social, da solidariedade, da tolerancia, etc. 

No responses yet

mar 04 2008

A recepción da Hermenéutica Analóxica en España

Published by roteiros under Cuestións filosóficas

Os pasados días 27 e 28 de febreiro tivo lugar o encontro “La hermenéutica analógica en España” no Instituto Superior de Filosofía. Nel comprobouse que a Hermenéutica Analóxica é unha proposta filosófica alternativa e resistente aos excesos da bipolarización da cultura contemporánea.

A intervención de Mauricio Beuchot fixo ver que non se trata dunha vía de pensamento improvisada se non que se atopa sustentada en argumentos histórico-filosóficos. Son xa moitas as disciplinas que se poñen a funcionar dende os presupostos da HA, como expuso Justino López na súa síntese bibliográfico-receptiva. No encontro puidemos corroborar cómo o dereito (Napoleón Conde) e a xustiza (José Carlos Muinelo); o arte (Sixto J. Castro) e a representación (Lourdes Otero e Pilar Mancebo); a actividade tecnocientífica (Juan R. Coca) e a antropoloxía (Pedro Herráiz); a retórica (Francisco Arenas-Dolz) e incluso os cuestionamentos e retos que se lle poden presentar dende a relixión (Miguel Ángel Quintana) e dende o espírito tráxico que latexa na propia analoxía (Joaquín Esteban) poden axudar a daren inda máis consistencia a estes plantexamentos.

Para coñecer un pouco que di a Hermenéutica Analóxica ao respecto da concepción do ser humano, poderemos ler un interesante artigo no vindeiro número de Roteiros.

No responses yet

nov 13 2006

Moisés Lozano Paz escribe sobre Norberto Bobbio

Published by roteiros under Cuestións filosóficas

A comezos do ano 2004 morreu Norberto Bobbio, posiblemente o mellor teórico da política na Europa do Sur desde a posguerra. As súas lúcidas e certeiras reflexións sobre a natureza e os problemas da democracia resultaron en ocasións anticipativas da praxe política.
É un bo momento para lembralo lendo o artigo de Moisés Lozano en Roteiros.

Comments Off