xan 23 2008

Un filósofo iberoamericano: Zubiri dende o século XXI

Published by roteiros under Noticias

IV Simposio Internacional do Instituto de Pensamiento Iberoamericano

 

Salamanca, 16-18 outubro 2008

Un bo coñecemento da nosa historia común ou compartida pódenos axudar a organizar con maior garantía de éxito a colaboración dos pobos de América e da Península Ibérica. E ao mellor dese pasado pertencen nosos poetas, novelistas, cientistas, teólogos e filósofos. Un deles, que nos deixou unha rica herdanza de reflexión e análise filosóficos, é Xavier Zubiri. Có motivo do 25º aniversario da súa norte queremos dedicar o IV Simposio Internacional do Instituto de Pensamiento Iberoamericano a xulgar a súa obra e proxectala cara ao futuro.Nos seus escritos achamos radicalmente plantexadas as cuestión fundamentais do real e da existencia humana. Qué e cómo podemos coñecer? Cómo se relacionan verdade e realidade? Qué é o home? Qué pensar de Deus e a relixión na época da ciencia? Procúrase interpelar a Zubiri sobre distintos temas filosóficos vivos ou actuais.

Poñentes Aceptaron participar coma poñentes os profesores Antonio Pintor Ramos (UPSA), Jesús Conill Sancho (Universidade de Valencia), Diego Gracia Guillén (Universidade Complutense), Ana María Andaluz Romanillos (UPSA), Carolina Rodríguez (Universidade de La Salle. Bogotá), Andrés Torres Queiruga (Universidade de Santiago de Compostela), Joan Albert Vicens (Universidade Ramon Llull), Jordi Corominas (Universidade Simeón Cañas. El Salvador), Ramón Rodríguez (Universidade Complutense), Carlos A. Pose Varela (Centro Teolóxico Compostelán) e Antonio González (Fundación X. Zubiri, Madrid).

Destinatarios O Simposio vai dirixido a profesores de filosofía, ciencias naturais e ciencias humanas, humanidades, relixión, teoloxía, dereito, educación, alumnos de licenciatura, postgrado e doutorado, e a calquera persoa interesada pola filosofía de Xavier Zubiri e polo pensamento iberoamericano.

Organizan Instituto de Pensamento Iberoamericano, Cuadernos Salmantinos de Filosofía, Facultade de Filosofía de la UPSA, coa colaboración da Fundación Xavier Zubiri e a revista Diálogo Filosófico

Data do Simposio Días 16, 17 e 18 de Outubro de 2008.

Sede do Simposio Aulas da Universidade Pontificia de Salamanca (C/ Compañía, 5).

Comunicacións Os que estean inscritos no Simposio poderán presentar comunicacións. Antes do 1 de xullo de 2008 deberá enviarse á Secretaría do Congreso un resumo coa extensión máxima de 300 verbas e antes do 1 de outubro de 2008 o texto completo, como arquivo adxunto ou en disquete, cunha copia en papel, que non pasará das 3000 verbas (en vistas a unha posible publicación). Salvo casos moi excepcionais, non se admitirán traballos meramente exexéticos ou interpretativos da obra de Zubiri. Para presentar a súa comunicación, dirixirse:

ás direcións electrónicas ipi@upsa.es, apintorra@upsa.es ou á direción postal Comunicacións IV Simposio Instituto de Pensamiento Iberoamericano C/ Compañía, 537002 Salamanca (España)

O abono das cuítas de inscrición A inscrición é, ata o 1 de setembro de 2008, de 100 euros (50 euros para estudantes e congresistas da América de lingua española e portuguesa). A partires do 1 de setembro de 2008, custará 140 euros (90 euros para estudantes e congresistas da América de lingua española e portuguesa). Aqueles que se acollan ao prezo especial para estudantes haberán de acreditar a su condición mediante fotocopia do carné universitario vixente enviada á direción postal do Instituto de Pensamiento Iberoamericano antes do prazo correspondente.O abono da inscrición deberase efectuar na conta bancaria da entidade Caja Duero número 2104 0000 12 3030009093. Unha vez feito o ingreso, haberase de remitir ao Instituto de Pensamiento Iberoamericano o resgardo correspondente, xunto cós datos de quen desexa inscribirse, segundo a ficha de inscrición.

Comité Científico Profesores Doutores D. Marceliano Arranz Rodrigo, Dña. Ana María Andaluz Romanillos, D. Antonio Pintor Ramos, D. Leonardo Rodríguez Duplá, D. Ildefonso Murillo Murillo, D. Luis Andrés Marcos, D. José Luis Caballero Bono, D. Víctor Manuel Tirado Sanjuán, Francisco Javier Herrero Hernández, D. Modesto Gómez Alonso, D. Jesús Conderana e D. Diego Gracia.

Comité Organizador Antonio Pintor Ramos, director de Cuadernos Salmantinos de Filosofía, Ana Andaluz Romanillos, decana da Facultade de Filosofía, e Diego Gracia Guillén, director da Fundación Xavier Zubiri.Cordina: Ildefonso Murillo Murillo, director do Instituto de Pensamiento Iberoamericano.

Información e inscricións: Instituto de Pensamiento Iberoamericano C/ Compañía, 537002 Salamanca (España)Teléfono: + 34 923 277 143Fax: + 34 923 277 101Correo electrónico: ipi@upsa.es

Servizo de Atención ao alumno C/ Compañía, 537002 Salamanca (España)Teléfono: + 34 923 277 111Fax: + 34 923 277 112Correo electrónico: info.alumno@upsa.es

Homologación: Para os profesores en activo non universitarios solicitouse ao Ministerio (a través do ICE da UPSA) a homologación do IV Simposio coma créditos de formación do profesorado. O resto dos inscritos poderán obter una certificación do ICE.

No responses yet

nov 20 2007

Libro “Varia biologica”

Published by roteiros under filosofía

Ven de publicarse na Colección Contextos da revista Contextos o seguinte libro:

“Varia biologica : filosofía, ciencia y tecnología” baixo a coordinación de Juan R. Coca. A obra é un conxunto de artigos de diversos estudosos da filosofía da bioloxía, da bioloxía teórica ou da bioética. Os contidos son os seguintes:

* José Luis González Recio: “Filosofía de la biología, biología del conocimiento y biotecnología”

* Guillermo Foladori: “Nanotecnología, salud y pobreza: ¿cuáles son las expectativas?”

* Juan R. Coca: “La biología ante el subdesarrollo”

* Ramón de la Fuente Cid y Xosé Manuel Domínguez Prieto: “La justificación moral: una propuesta zubiriana”

* María Luz González Caamaño: “Biotecnología, ética y sociedad”

* Adrián Medina Liberty: “Primates, mente humana y evolución del cerebro humano”

* Luciano Espinosa Rubio: “La naturaleza bio-cultural del ser humano: el centauro-ontológico”

* Tito A. Varela: “ADN móvil y evolución”

* Lourdes Gordillo Álvarez Valdés: “La alienación del cuerpo y las patologías de la sexualidad”

* Guillermo Lorenzo González: “¿Es el lenguaje una adaptación?”

* Juan Ramón Álvarez: “Semiotización de la naturaleza y naturalización de la cultura: un quiasmo en el pensamiento biológico”

No responses yet

nov 20 2007

Artigo de Edgar Morin

Published by roteiros under Artigos

http://www.nonopp.com/ar/filos_educ/00/Morin_antropobiocosmica.htm

No responses yet

out 10 2007

Conferencia de Xosé Manuel Domínguez Prieto

Published by roteiros under filosofía

O vindeiro día 31 de Outubro, ás 20:30 h, terá lugar no Ateneo de Ourense a conferencia “A vida afectiva como acceso ao profundo da persoa”. A devandita ponencia forma parte das actividades do Instituto Emmanuel Mounier de Galicia  http://iemga.blogspot.com) e será levada a termo polo doutor en filosofía Xosé Manuel Domínguez Prieto.

No responses yet

out 01 2007

Artigo de Arsenio Ginzo Fernández

Published by roteiros under Revista Roteiros

No número 1 da nosa revista, pódese atopar un estupendo traballo sobre as orixes da laicidade na ilustración e na revolución francesa. Nesta época, segundo este autor, comezou unha especie de prexuizo relixioso que se mantén até a actualidade. Esta pequena anotación pode servir de “grolo” para que vos acheguedes a nosa publicación con gañas de ler algo máis.

No responses yet

« Prev - Next »